16.8 C
Chicago
22 octubre, 2026
Image default

DERROTA DO ROTOGAL BOIRO FRENTE AO VÓLEY PALMA (3-1)

Non puido ser para o conxunto barbanzán nunha das saídas máis esixentes do curso. O Rotogal Boiro saíu a por todas en Mallorca fronte a un Voley Palma deseñado para loitar polos postos altos da táboa. Tras ceder o primeiro parcial por 25 a 20, os de Chicho Alves reaccionaron no segundo set da man de Martín Casais e Bevilacqua, igualando a contenda cun 22 a 25.
A clave do encontro chegou no terceiro acto, onde a igualdade inicial viuse marcada por varias decisións arbitrais moi discutidas en contra dos intereses boirenses. A partir dese momento, os locais amosáronse máis incisivos para pechar o set por 25 a 20.
No cuarto e definitivo parcial, a vantaxe inicial dos insulares acabou sendo insalvable para o conxunto boirense, que rematou cedendo por 25 a 22 a pesar do seu esforzo na rede.
A pesar desta derrota, os boirenses xa miran de cara ao seguinte encontro ante o Indescar Zaragoza, contra quen intentarán enderezar a senda ligueira.

Related posts

DURA XORNADA NA TERCEIRA FEDERACIÓN FEMENINA PARA A EFM CONCELLO DE BOIRO

CloudyX

DERROTA DO NOIA ANTE O SALESIANOS VIGO

CloudyX

O CONCELLO DE RIANXO XA TEN TODO LISTO PARA A XII EDICIÓN DA SÚA CARREIRA POPULAR

CloudyX