Anos despois de levantar o edificio con recursos económicos propios, a Comunidade de Montes de Cespón conta xa cun espazo adaptado ás súas necesidades operativas e comunitarias. A orixe deste inmoble remóntase a un convenio no que o Concello achegou o terreo municipal e a entidade veciñal financiou a construción integral da estrutura.
O CONCELLO DE BOIRO SALDA UNHA DÉBEDA COA COMUNIDADE DE MONTES DE CESPÓN TRAS REMATAR O CENTRO SOCIAL


