Tras o éxito acadado na súa primeira experiencia o ano pasado, o Gladiator Kids regresa este sábado, 17 de outubro, ao corazón de Rianxo cun percorrido adaptado, novos obstáculos e animación. A cita reunirá a 300 rapaces que farán o percorrido xunto aos seus familiares nunha xornada pensada para o goce de todas as idades.
RIANXO ACOLLE ESTE SÁBADO O II GLADIATOR KIDS, A CARREIRA DE OBSTÁCULOS INFANTIL NA QUE PARTICIPARÁN 300 RAPACES


