Na Terceira RFEF, o C.D. Boiro pon a proba o seu liderado este domingo ás 16:15h no campo do Morrazo. Os boirenses, primeiros na táboa con 13 puntos tras un arranque de tempada moi positivo, viaxan a Cangas co obxectivo claro de continuar sumando e blindar a primeira praza fronte a un Alondras C.F. que marcha sexto e mantén unha sólida compostura de xogo.
Xa na Preferente, todos os encontros disputaranse o domingo pola tarde e con desprazamentos para os conxuntos da zona. O C.F. Noia xogará como visitante contra a U.D. Paiosaco co obxectivo de acadar un triunfo que lle permita escalar postos dende a sexta posición que ocupa actualmente con 10 puntos.
Pola súa banda, o Puebla F.C. afronta unha das saídas máis esixentes da tempada na cancha do S.D. Negreira, actual líder da categoría. Os pobrenses, novenos na táboa con 9 puntos, buscarán dar a sorpresa e reencontrarse coa vitoria.
Por último, no caso o C.F. Dumbría será o único que xogue como local recibindo á S.D. Chantada. Os locais buscarán inverter a súa mala racha e sumarse ao camiño do triunfo para saír do último posto da clasificación.
NOVA XORNADA DE FÚTBOL ESTE DOMINGO PARA OS EQUIPOS DA COMARCA


