A paralización dos traballos na AC-305 xerara unha profunda preocupación entre a veciñanza de Palmeira dende o pasado mes de marzo. O motivo do atraso foi o concurso de acredores no que entrou a empresa adxudicataria orixinal. Superado este contratempo, a Consellería de Infraestruturas reasumiu o proxecto cunha nova liña de actuación e pidiulle desculpas aos veciños polos trastornos causados.
A XUNTA DÁ DE MARXE ATA DECEMBRO COMO DATA LÍMITE PARA REMATAR DEFINITIVAMENTE AS OBRAS DA AC-305 EN PALMEIRA


