O deporte vivirá unha gran velada o vindeiro sábado, 12 de decembro, coa celebración da cuarta edición da Gala do Deporte de Outes. Un evento que recoñecerá o talento local en oito categorías e dez nominacións, ademais de entregar varias mencións especiais escollidas pola comisión deportiva municipal. Como cada ano, o acceso estará aberto ao público.
O CONCELLO DE OUTES XA QUENTA MOTORES PARA UNHA CITA IMPORTANTE


