Icono del sitio CanalBarbanza.com

XORNADA DE LUCES E SOMBRAS NA PRIMEIRA FUTGAL

Na Fieiteira, o Cidade de Ribeira de Manuel Ángel Pena saltou ao campo coa motivación ao máximo para seguir a liña ascendente na táboa. Tras unha primeira metade moi igualada e sen goles diante do Marcón Atlético, os ribeirenses reaccionaron tralo descanso. Ismael Castro converteuse no gran protagonista da tarde ao anotar dous goles case seguidos, mentres que Daniel Otero selaba o definitivo 3-0. Con esta traballada vitoria, o conxunto ribeirense sitúase na parte alta da clasificación con 14 puntos e coa mirada posta en retornar á Preferente.
A outra cita da fin de semana tivo lugar no derbi comarcal entre o C.D. Unión e o Abanqueiro, onde a vitoria quedou en Rianxo. Os locais encamiñaron o choque xa no minuto dous cun tanto de Iker Martínez e marcharon ao descanso cunha vantaxe de tres goles. Na segunda metade, o Unión pechou o marcador con dous goles máis para asinar un claro 5-0 final. Con estes tres puntos, os rianxeiros saen da zona baixa con 5 puntos, situándose a un só do propio Abanqueiro.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil