Icono del sitio CanalBarbanza.com

A EFM CONCELLO DE BOIRO CAE ANTE AS CELTAS B POR UN CLARO 0-3

As xogadoras dirixidas por Miguel Ángel Ramos saltaron ao terreo de xogo de Vista Alegre coa intención de sumar tres novos puntos na táboa e plantar cara a un dos rivais máis potentes da categoría. Con todo, a solidez e o bo xogo colectivo do R.C. Celta As Celtas «B» non tardaron en facerse notar, adiantándose no marcador cun gol de Ana Capelo tras unha boa acción ofensiva.
Antes de marchar aos vestiarios, o filial vigués puxo máis terra de por medio ao conseguir un segundo tanto que deixaba o partido moi costa arriba para o conxunto local diante do descanso.
Na segunda metade, as boirenses intentaron dar un paso adiante para recortar distancias, pero a sentenza definitiva chegou no minuto 61 cun gol de Lía Ayestarán que asinaba o definitivo 0-3
Coa falta de acerto de cara á portería rival, o marcador xa non se movería ata o pitido final, consumando unha xornada negativa para o cadro boirense e que as sitúa na novena posición da táboa con seis puntos no seu casilleiro.
Con isto, o equipo xa prepara o seu vindeiro desafío ligueiro, que terá lugar este domingo, 18 de outubro, cando visiten a domicilio ao Victoria C.F. «B».
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil