O sector de comercio de moda da comarca sufriu a falta de temperaturas frías para dar saída á nova colección de outono e inverno. Despois de alargar as liquidacións de verán ata principios de outubro, os establecementos xa teñen nos seus escaparates as pezas de abrigo, aínda que a veciñanza posterga as compras ao andar aínda en manga curta polo día.
O COMERCIO LOCAL AFRONTA UN ARRANQUE DE CAMPAÑA DE OUTONO COMPLEXO


