A folga xeral do 11 de novembro, a primeira de ámbito nacional con apoio dos grandes sindicatos dende 2012, convócase para exixir subidas salariais, a redución da xornada laboral e medidas drásticas contra a especulación inmobiliaria. Todo a raíz dun contexto marcado pola indignación tralo recente pasamento de Maricarmen Abascal, a muller desafiuzada en Madrid con 87 anos.
Esta decisión suscita división de opinións entre a veciñanza. Mentres algúns sectores apoian a mobilización como unha necesidade urxente de facer forza social e reclamar cambios estruturais, outros amosan escepticismo, considerando que as organizacións sindicais actúan con atraso ou con intereses partidistas.
CONVOCADA UNHA FOLGA XERAL EN FAVOR DO DEREITO Á VIVENDA PARA O VINDEIRO 11 DE NOVEMBRO


