Este curso 2026-2027 creceu a matrícula nas ensinanzas de FP en todas as provincias galegas. Así o afirmou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, nunha visita ao Instituto Universidade Laboral de Ourense. Segundo as cifras que compartiu, hai 75.383 persoas que optaron por este tipo de ensinanza en Galicia.
A MATRÍCULA DE FP MEDRA UN CURSO MÁIS EN GALICIA ALCANZANDO UN RÉCORD HISTÓRICO


