A Real Academia Galega de Ciencias celebrou esta mañá en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia. Foi homenaxeada a oceanógrafa Aida Fernández Ríos como Científica Galega 2026 e ao longo da gala entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicos e científicas polo seu labor. Unha delas foi a reitora da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Estatística e Investigación Operativa na USC, Rosa Crujeiras. A ribeirense foi recoñecida coa Medalla Enrique Vidal Abascal no eido das Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. Na súa intervención puxo en valor todo o traballo que hai que realizar para poder obter os resultados.
ROSA CRUJEIRAS E FRANCISCO RIVADULLA SON PREMIADOS POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS


