A segunda edición do programa conta cun orzamento de 5 millóns de euros e desenvólvese coa colaboración da Federación Galega de Comercio e de ABANCA. O obxectivo principal é incentivar as compras locais, contribuír a manter o emprego e reforzar os servizos nos pequenos municipios da provincia.
O prazo de inscrición para os comerciantes permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de outubro a través da plataforma oficial da campaña. A partir desa mesma data, as persoas maiores de idade poderán comezar a descargar os bonos na web para beneficiarse de ata 100 euros en descontos por persoa.
Tras a experiencia positiva de 2025, a Deputación prevé mobilizar arredor de 25 millóns de euros en compras coa renovación desta campaña, multiplicando por cinco o investimento público destinado aos bonos.
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ABRE O PRAZO DE ADHESIÓN Á SEGUNDA EDICIÓN DA CAMPAÑA MERCANAVILA PARA COMERCIOS LOCAIS


