Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PDSEG UNIU NA POBRA A ARTESANÍA, O IOGA E A XOIERÍA GRAZAS AO CICLO “DESDE A MARXE”

A tarde do venres A Pobra do Caramiñal contou cunha actividade diferente. O auditorio da biblioteca municipal abriu as súas portas para acoller o ciclo “Desde a Marxe”, impulsado polo PSdeG. Grazas a el puxéronse en valor diferentes eidos, neste caso a artesanía, a xoiería e o ioga, traballo das persoas que promoven dende o local a cultura galega. O acto foi conducido pola deputada e secretaria de Cultura e Lingua do partido socialista galego, Silvia Longueira.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil