Icono del sitio CanalBarbanza.com

O RIBEIRENSE ALEIXO VENTOSO ULTIMA A SÚA PREPARACIÓN ANTES DE ASISTIR AO MUNDIAL DE KICKBOXING

Os deportes de contacto gañan cada vez máis adeptos na comarca. O ribeirense Aleixo Ventoso practica kickboxing dende hai dez anos, cando tiña seis, e agora está enfocado no mundial desta modalidade que se celebrará o vindeiro mes de novembro en Madrid. Para chegar no mellor estado de forma posible está a participar en diferentes veladas, a última a desenvolvida esta fin de semana en Marín na que superou ao seu rival.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil