Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DESTACOU OS LOGROS DO NATURAL SPORT NOS SEUS 30 ANOS DE HISTORIA

A semana pasada o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, estivo en Ribeira nunha visita institucional que incluíu diferentes paradas. Despois de reunirse coa alcaldesa e coñecer de primeira man o labor dos mariscadores de Aguiño, González Formoso estivo no módulo de taekwondo da Fieiteira onde adestra o Natural Sport. O club está a celebrar o seu 30 aniversario e o presidente do ente provincial puxo en valor a súa traxectoria neste deporte, sendo un referente a nivel galego.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil