O pasado 16 de setembro Arturo Piñeiro arrancou unha nova aventura. Nesta ocasión a súa peregrinación en bicicleta arrancou en Kiev, punto elixido para coñecer a realidade do país ucraíno, en guerra dende hai máis de catro anos despois da invasión rusa. O boirense foi avanzando no seu camiño pasando por Hungría, Eslovenia, Austria e Alemaña. Agora está en Suíza, país do que xa coñece diferentes cidades.
ARTURO PIÑEIRO AVANZA NA SÚA PEREGRINACIÓN CARA A PRAZA DO OBRADOIRO


