Nos últimos anos, as autoridades sanitarias e diversas investigacións científicas puxeron o foco nunha tendencia á baixa e no estancamento das taxas de vacinación en varios países comunitarios. Un fenómeno que pon en risco a inmunidade de grupo e que abre o debate na sociedade sobre os motivos destas reticencias e a importancia de manter a vixilancia sobre a saúde pública.
Na rúa, a maioría da cidadanía ten claro que a inmunización resulta fundamental tanto para a protección dos máis pequenos como para a saúde dos adultos, destacando que evitan complicacións graves.
UN RECENTE ESTUDO ADVIRTE DUN LIXEIRO DESCENSO NA COBERTURA DAS VACINAS INFANTÍS EN BOA PARTE DA UNIÓN EUROPEA


