O domingo o fútbol sala regresará ao Agustín Mourís cun duelo de alto nivel. O Noia Portus Apostoli recibe a visita do Barça, vixente campión da liga, nun encontro programado para as 12.30 horas. Os noieses afrontan este partido marcado en vermello con gañas de manterse como invictos na casa e de dar a sorpresa ante os culés. Sobre todo despois de conseguir a primeira vitoria do curso a pasada xornada ante o Ejido.
O PORTUS APOSTOLI DESAFÍA AO VIXENTE CAMPIÓN DE LIGA


