O sol e as altas temperaturas rexistradas ata hai uns días axudaron a prolongar un pouco máis o verán deste 2026. O período estival deste ano foi un dos máis destacados dos últimos exercicios. O tempo acompañou, vivíndose un dos mellores veráns meteoroloxicamente falando, o que axudou a que máis persoas se achegaran á comarca. O concello do Porto do Son foi un dos puntos que máis visitantes recibiu.
O ALCALDE DE PORTO DO SON FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DO VERÁN 2026


