Esta mañá o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou Ribeira. A primeira parada institucional foi no concello, onde mantivo unha reunión coa alcaldesa, María Sampedro. Xuntanza na que abordaron as necesidades do municipio e a colaboración entre as dúas institucións. A segunda parada foi na DP-7304, de Xarás a Olveira, estrada que se mellorou cun investimento de 450.593 euros para a renovación do firme e a mellora da seguridade viaria e accesibilidade.
RIBEIRA E A DEPUTACIÓN ACORDAN O ARRANXO DA ESTRADA ENTRE O CAMPO DE OLEIROS E O CÁMPING DE BALTEIRO


