A pesca galega e o cerco en particular está a vivir un 2026 complicado. Hai case dous meses que a flota non pode pescar sardiña, salvo a que conseguiu intercambios co golfo de Cádiz, e o futuro prevese difícil. Pesca pechou a captura desta especie ao consumirse a cota reservada para cerco e xeito na bolsa común. As posibilidades redúcense para un segmento da flota que está a ver como os históricos poden afectar máis se cabe a pesqueiras como o bocarte, e levar ás embarcacións de menor tamaño ao paro.
PARTE DO CERCO PON O FOCO NO SISTEMA DE HISTÓRICOS, SINALÁNDOO COMO UN MAL SISTEMA DE REPARTO


