Acompañado pola presidenta de Barbantia, María Xesús Blanco e polo ex-concelleiro Mariano Muñiz, o autor, nado en Xinzo de Limia, explicou o que hai detrás desta novela. Unha obra que xurdiu mentres coidaba de súa nai e cuxo proceso estivo marcado pola demencia, o que lle serviu para reflexionar sobre a complexidade das relacións filiais e o peso da dependencia.

