Icono del sitio CanalBarbanza.com

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS EN ARXENTINA REXEITAN LIMITAR OS DEREITOS DOS DESCENDENTES DA INMIGRACIÓN

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, atópase nunha viaxe institucional na Arxentina, concretamente en Bos Aires, na que busca reforzar os vínculos coa diáspora galega. Á vez que impulsar a cooperación nos eidos cultural, científico e da memoria democrática. Onte reuniuse co presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, Luís Fernández, na sede da entidade. Alí expresaron o seu rexeitamento aos intentos de limitar os dereitos adquiridos polos descendentes da emigración española. Ademais de defender os avances acadados nos últimos anos no recoñecemento da cidadanía aos fillos e netos da diáspora.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil