Icono del sitio CanalBarbanza.com

XUNTA E ANFACO APOSTAN POR UNHA OFENSIVA INSTITUCIONAL PARA BLINDAR A CONSERVEIRA ANTE TAILANDIA

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o secretario xeral de Anfaco, Roberto Alonso, compareceron esta mañá para abordar o impacto que terán no sector conserveiro do atún as negociacións comerciais da Unión Europea con Tailandia e Filipinas. Non houbo medias tintas e advertiron do grave risco no que poden desembocar estas conversas con países da rexión ASEAN, para a sostibilidade da cadea mar-industria galega. Sendo Tailandia a principal potencia na conserva.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil