Dende o comezo da liga 2026/27, o conxunto boirense fixo pleno de vitorias nos tres encontros disputados, acumulando nove puntos que reflicten a forza coa que arrancaron esta competición.
A cita deste domingo, 27 de setembro, debuxa ademais un escenario moi especial para o cadro boirense. Este porá por fin o pé no seu campo de fútbol de Barraña como anfitrión por primeira vez na tempada despois de non poder facelo nas xornadas anteriores debido a un problema cun fungo detectado no céspede.
O CD BOIRO ENFRONTA AO RACING VILLALBÉS CO OBXECTIVO DE MANTER A SÚA RACHA DE RESULTADOS


