A falta de resposta da rexedora a tramitar a solicitude formalizada pola totalidade dos grupos da oposición foi cualificada como un “atropelo democrático” e unha mostra de covardía política, ao impedir o debate sobre un proxecto social clave para o municipio. Ante este tipo de situacións, explican que o secretario do concello debería asumir a convocatoria obrigatoria que marca a normativa municipal.
A OPOSICIÓN DE RIBEIRA ACUSA Á ALCALDESA DE «ATROPELO DEMOCRÁTICO» POLA NEGATIVA A CONVOCAR UN PLENO SOBRE A RESIDENCIA DE MAIORES


