Esta mañá celebrouse a sesión plenaria ordinaria da Pobra do Caramiñal, pleno que arrancou con diferentes decretos da alcaldía e asuntos varios. Tamén se aprobou a remisión ao Ministerio de Facenda da liquidación do orzamento do 2025 e do informe sobre o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria. O seguinte en tratarse foi a proposta de alcaldía relativa á solicitude de subvención nominativa á Deputación da Coruña.

