Icono del sitio CanalBarbanza.com

BOIRO PREPÁRASE PARA UNHA FIN DE SEMANA CON ACTIVIDADES CULTURAIS, SOLIDARIAS E DE LECER

A axenda comezará este venres 25 de setembro co espectáculo de contos para nenas e nenos Raposadas a cargo de Raquel Queizás ás 20.00h no Centro Social, seguido pola presentación literaria do libro Os abandonos de Antón Riveiro ás 20.30h no mesmo espazo.
Xa o sábado 26, a programación continuará co obradoiro de cerámica castrexa para adultos no Centro Arqueolóxico do Barbanza e o contacontos Limón de Bea Campos na Biblioteca Municipal.
O broche final á fin de fin de semana chegará o domingo 27 de setembro coa celebración da sexta edición da Andaina Solidaria Jealsa.
Unha fin de semana completa que combina a dinamización comercial e cultural coa solidariedade veciñal en Boiro.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil