O vindeiro 28 de outubro será o día no que, se non hai cambios, os médicos de toda España iniciarán unha folga indefinida. Esta mañá tratouse o tema no Parlamento de Galicia. A deputada popular María Encarnación Amigo afirmou que esta folga convocada polos facultativos responde ao seu rexeitamento ao Estatuto Marco que está a piques de ser aprobada no Congreso despois de recibir a luz verde do Goberno central.
O CONSELLEIRO DE SANIDADE RECLAMA AO GOBERNO DIÁLOGO COS MÉDICOS PARA EVITAR A FOLGA CAUSADA POLO ESTATUTO MARCO


