A ría de Muros e Noia leva anos sufrindo as consecuencias dos temporais e da baixada da salinidade do mar, que derivaron nunha alta mortaldade do marisco. O patrón maior de Noia, Santiago Cruz, reclamou unha vez máis a necesidade de establecer un protocolo de baleirado do Tambre, para reducir as posibilidades de que a auga doce afecte ao recurso.
O PATRÓN MAIOR DE NOIA ESPERA O AVANCE NO PROTOCOLO DE BALEIRADO DO TAMBRE PARA EVITAR A MORTALDADE DO MARISCO


