Durante a apertura das novas instalacións, que coinciden co 40º aniversario da compañía, o titular do Goberno autonómico destacou a capacidade das empresas galegas para medrar a nivel internacional sen renunciar ás súas orixes.
Rueda tamén destacou que a comunidade conta coas condicións e o talento precisos para competir nos mercados globais, converténdose á vez nun polo de atracción para profesionais de todo o mundo.
ALFONSO RUEDA PARTICIPOU EN SANTIAGO NA INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE DE BANDALUX NO POLÍGONO DE A SIONLLA


