Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PARTIDO POPULAR DE BOIRO DENUNCIA A XESTIÓN DO GOBERNO LOCAL EN RELACIÓN CO SERVIZO MUNICIPAL DE AUGA

Dende a formación popular sinalaron que, mentres se destinan fondos a outras infraestruturas como a ampliación da piscina municipal, as vivendas e negocios de Boiro sofren cada verán unha crecente escaseza de presión. Por iso, reclaman ao executivo municipal que tome exemplo da recente actuación da Xunta na ETAP de Padrón e invista na mellora da captación do río Coroño e na instalación de novos depósitos nos puntos críticos.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil