Este sábado o Museo do Gravado de Artes amosou o seu músculo como un dos referentes no mundo do gravado coa entrega dos galardóns da decimo sétima edición dos Premios Atlante do Gravado. A gala contou coa presenza de decenas de persoas que asistiron a unha cita marcada no calendario e que ano a ano medra coa chegada de máis obras de diferentes recunchos do globo: 139 creadores de 13 países que presentaron 203 obras.
OS PREMIOS ATLANTE CONVERTERON A RIBEIRA NA CAPITAL INTERNACIONAL DO GRAVADO


