O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, deu a coñecer os detalles dun dispositivo que arrancará o día 28 nas residencias de maiores e centros de discapacidade, e que este ano eleva a poboación infantil ata os 26.500 alumnos grazas á ampliación do programa nos colexios. Ademais, destacouse o uso preferente da vacina intranasal para os menores entre os 2 e os 11 anos para evitar os pinchazos.
A XUNTA LANZA A CAMPAÑA DE INMUNIZACIÓN DE GRIPE E COVID CON VACINA DE ALTA CARGA PARA MAIORES DE 65 ANOS


