20.2 C
Chicago
18 septiembre, 2026
Image default

A GARDA CIVIL DETÉN A DÚAS PERSOAS E DESARTICULA UN PUNTO DE VENDA DE DROGA EN BOIRO

A investigación iniciouse tras detectarse a reactivación desta actividade ilegal por parte de dous sospeitosos con antecedentes por feitos similares. O operativo policial intensificouse cando, durante unha das intervencións, os implicados embistiron o vehículo patrulla para evitar o alto e fuxiron a gran velocidade, abandonando o turismo nun monte próximo antes de ser interceptados nun segundo coche.
No marco da actuación e das posteriores inspeccións, os axentes incautaron 60 doses de heroína, 31 de cocaína, 26 de hachís e 4 de marihuana preparadas para a súa distribución, ademais de diversos útiles de manipulación e máis de 1.400 euros en efectivo. Así mesmo, constatouse que a muller detida e conductora carecía de permiso de conducir.
Ambos os arrestados e as dilixencias instruídas xa foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira, cuxa autoridade decretou o ingreso en prisión sin fianza para os dous implicados.

Related posts

O CONCELLO DE BOIRO SACA A LICITACIÓN AS OBRAS DE MELLORA DA INFRAESTRUTURA VIARIA NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA

CloudyX

BOIRO CELEBRARÁ A SÚA VI ANDAINA SOLIDARIA DE JEALSA A PROL DA FUNDACIÓN STOP LEUCEMIA O 27 DE SETEMBRO

CloudyX

A XUNTA E OS CONCELLO DE BOIRO, RIANXO E A POBRA APOSTAN POLA MOCIDADE E A FORMACIÓN

CloudyX