Icono del sitio CanalBarbanza.com

O BNG RECLAMA RESPOSTAS Á XUNTA E MAIOR CONTROL SOBRE MONBÚS POLAS DEFICIENCIAS NO TRANSPORTE PÚBLICO

O inicio do curso escolar hai unha semana veu marcado polos problemas rexistrados nas liñas de transporte para os centros. Esta cuestión está a facer máis evidente o deterioro do transporte público no Barbanza servizo prestado por Monbús, segundo apuntou a deputada do BNG Rosana Pérez. A nacionalista desprazouse ata Ribeira onde anunciou que rexistrou no Parlamento galego unha proposición non de lei na que se reclama axilizar a nova concesión do transporte da comarca e extremar o control sobre a empresa se finalmente Monbús é a adxudicataria.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil