O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello que a primeira Lei de rehabilitacións de Galicia impulsará a recuperación dos núcleos degradados para convertelos en focos de dinamización económica e social.
Conscientes de que Galicia ten moitos núcleos rurais e urbanos, cun valor histórico ou patrimonial, que se atopan nunha situación de abandono, Feijóo precisou que esta norma actuará baixo un triplo desafío: identitario, económico e social .
Feijóo avanza que a primeira Lei de rehabilitación de Galicia facilitará os trámites administrativos e o acceso ao financiamento dos proxectos de rexeneración urbana
Please login to join discussion