Ovidio Rodeiro mantivo un encontro de traballo coa directiva do parque empresarial da Tomada, na Pobra do Caramiñal

O Delegado Territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, desprazouse esta mañá ata o parque empresarial da Tomada, na Pobra do Caramiñal, onde mantivo unha xuntanza de traballo cos empresarios e o alcalde Xosé Lois Piñeiro. O parque empresarial da Tomada é un dos dez polígonos industriais da provincia que disporán a partires de este ano de acceso a redes de ata 350 mbps grazas ao Plan de banda larga da Xunta e o operador galego R.
O delegado territorial explicoulles aos empresarios que o polígono entra nos plans de conexión de banda larga, que ofrecerá ata 350 megas de velocidade e tamén se interesou polo proxecto de apertura dunha escola infantil, promovido pola asociación e apoiado polo Goberno galego cunha achega de 200.000 euros . O centro educativo levantarase nunha parcela de 2.200 metros cadrados cedida polo Concello e terá unha superficie construída de 250 metros cadrados. Constará de tres unidades didácticas, con un total de 41 prazas para nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. Aínda que a gardería instálese no parque industrial, tratarase dun servizo aberto a todos os cidadáns.

https://www.youtube.com/watch?v=aSqahB2NwW8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.