O Malecón volverá ser o epicentro neurálxico desta proba atlética, que este ano abrangue dende as categorías base, como os sub-6, ata a categoría máster e a modalidade de zapatilla inclusiva.
A xornada arrancará ás 17:00h coas categorías sub-14 e sub-16, deixando para as 18:00 horas a gran proba absoluta cun esixente circuíto de dez quilómetros pola costa. Dende o concello destacan as bondades dun trazado moi rápido e atractivo para os corredores.
RIBEIRA ACOSTELLA A XVII CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA E III MEMORIAL MIGUEL RUIZ


