Esta mañá inaugurouse a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Padrón. Trátase dunha infraestrutura clave que mellora o subministro de auga potable para preto de 90.000 veciños de nove municipios, entre eles Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que esta actuación, na que se investiron 10,5 millóns de euros, supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga de calidade á cidadanía da contorna.
A NOVA ETAP DE PADRÓN SUBMINISTRARÁ AUGA A NOVE MUNICIPIOS, ENTRE ELES RIANXO, BOIRO, A POBRA E RIBEIRA


