O 1 de xullo arrancou a campaña de polbo en Galicia despois de dous meses de veda da especie. Pero o verán non deixou números moi destacados con respecto á súa captura e venda nas lonxas. Un dos portos da comarca especializados no rei do cefalópodo é Porto do Son que está a rexistrar unha caída significativa da comercialización de polbo dende que se abriu a captura.
O POLBO DESAPARECE DA LONXA DE PORTO DO SON


