O acoso escolar segue a ser unha realidade preocupante nas aulas, o que abre o debate sobre se trasladar de centro ao responsable é a solución definitiva ou se os colexios actúan con toda a firmeza necesaria. Ante a primeira cuestión, as opinións na rúa divídense entre os que cren que así se evita revictimizar a quen sofre o acoso e os que dubidan da súa efectividade para erradicar o problema de raíz.
ANDALUCÍA VÉN DE APROBAR UN NOVO DECRETO PIONEIRO CONTRA O ACOSO ESCOLAR QUE OBRIGA AO AGRESOR, E NON Á VÍTIMA, A CAMBIAR DE INSTITUTO


