Despois de moito esperar, a Liga Prime Futsal regresou por todo o alto. O Agustín Mourís acolleu o primeiro duelo do Noia Portus Apostoli, que contou co arroupo da súa afección para arrancar a campaña, e a intensidade, os goles e as emocións protagonizaron o partido con ElPozo Murcia. O supercampión de España entrou á pista atravesando o pasillo feito polos noieses en recoñecemento polo seu título, pero sobre o parqué non houbo concesións. E o 4-4 mandaba ao remate do tempo de xogo despois de que Thierry empatara a tres segundos do final para anotarse un importante empate.
O PORTUS APOSTOLI RESCATA UN PUNTO A TRES SEGUNDOS DO FINAL PARA ARRANCAR A LIGA PUNTUANDO ANTE ELPOZO MURCIA


