O Concello da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia, ven de presentar oficialmente a novena edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Unha iniciativa que homenaxea a figura do escritor e docente vinculado á localidade, e que busca achegar a lectura ás novas xeracións fronte á omnipresenza das pantallas.
A POBRA DO CARAMIÑAL CONVOCA A NOVENA EDICIÓN DO PREMIO DE LITERATURA INFANTIL CARLOS MOSTEIRO


