En Estados Unidos xa circulan coches autónomos que funcionan mesmo como taxis. E en Europa, o seguinte paso está cada vez máis preto.
Londres xa está a facer probas e Munich será o ano que vén a primeira cidade da Unión Europea na que Waymo prevé ofrecer os seus servizos de robotaxi.
Un futuro sen volante, sen pedais… e tamén sen condutor. Pero, de momento, a idea non convence a todo o mundo.
OS COCHES SEN CONDUTOR XA SON UNHA REALIDADE NOUTROS PAÍSES E AGORA PREPARAN A SÚA CHEGADA A EUROPA


