A instalación de rueiros no lugar de Runs xa comezou no Concello de Boiro. Trátase dunha obra coa que se busca mellorar o mal estado que presentan as rúas polo paso dos anos e poñer solución á falta de rede de saneamento de augas pluviais. Esta actuación, xunto co proxecto de San Mauro, conta cun orzamento de máis de 400.000 euros.
COMEZAN AS OBRAS DE RENOVACIÓN DE PAVIMENTO E SERVIZOS NO NÚCLEO DE RUNS EN BOIRO


