Ribeira vivirá esta fin de semana as festas patronais de Santa Uxía e enmarcada na súa programación desenvolverase unha nova edición da Ruada do Traxe Aires de Dorna, impulsada pola Asociación de Amas de Casa e que conta coa colaboración do Concello e de Gadis. Trátase da sexta entrega desta cita xa arraigada no municipio e que contará con preto de 200 participantes.
NOVA ODA AO TRAXE GALEGO EN RIBEIRA


