Un ano máis, Boiro vestiu de gala para recoñecer o compromiso social de persoas e entidades que contribúen a construír unha sociedade máis solidaria e cohesionada.
Seis recoñecementos para destacar diferentes formas de compromiso coa comunidade.
Na categoría de Superación e Exemplo, o premio foi para as mestras e educadoras das escolas infantís de Boiro, polo seu labor esencial no coidado e na educación dos máis pequenos.
O Voluntariado tivo como protagonistas as persoas voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro. Un recoñecemento ao seu traballo diario de acompañamento e apoio na loita contra a enfermidade.

