As máquinas xa traballan no entorno do lavadoiro de Comoxo. As primeiras actuacións céntranse na demolición do antigo galpón e dos muros existentes e no desmonte do terreo para preparar a explanación.
O proxecto contempla a construción dun novo lavadoiro e dunha fonte, así como a instalación das redes de fontanería, saneamento, pluviais e iluminación.
COMEZAN EN BOIRO AS OBRAS PARA RENOVAR O ENTORNO DO LAVADOIRO DE COMOXO


